10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O GES de Brión asiste nunha colisión entre un coche e un camión en Chave da Ponte (Brión)

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou ás 19:00 horas de onte mércores no operativo mobilizado ante unha saída de vía dun vehículo, que rematou chocando contra un camión, na entrada da localidade de Chave da Ponte (Brión). Unha intervención que se saldou sen persoas feridas de gravidade e na que tamén participaron técnicos da Garda Civil de Tráfico, 061, ambulancia do 061, Helicóptero H3 e mantemento de estradas.

Ao chegar ao lugar do sinistro, na AC-300 Os Ánxeles-Picaraña, os técnicos brioneses atoparon un aparatoso accidente, pero puideron comprobar que non había feridos de gravidade, polo que procederon a asegurar a zona e restablecer a circulación. De feito, aínda que inicialmente se pensou na necesidade de excarcerar a unha das persoas ocupantes do vehículo, finalmente non fixo falla pois saíron polo seu propio pe. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos