18.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Colisión entre un coche e un camión en Ames cunha persoa ferida

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou esta tarde no operativo mobilizado ante unha colisión entre un coche particular e un camión no quilómetro 4 da AC-544, á altura da localidade de Portanxil (Ames). Unha intervención na que tamén participaron técnicos da Garda Civil de Tráfico, 061, Protección Civil de Ames e mantemento de estradas.

Ao chegar ao lugar do sinistro, os técnicos brioneses comprobaron como a persoa ocupante do vehículo estaba sendo evacuada polo 061 debido a danos nun dos seus brazos. Durante os primeiros momentos, os técnicos do GES de Brión dedicáronse a redirixir o tráfico, xa que os vehículos cortaban dous dos carrís e os membros da Garda Civil se atopaban atendendo outro sinistro. Unha vez chegados os membros da Garda Civil de Tráfico, o GES de Brión empregou o cabrestante da Bomba Urbana Lixeira para retirar o coche da estrada. Unha vez feito, asegurouse a zona e rematou a intervención.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos