11.1 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

A Xunta destina 120.000 euros para o tratamento das augas residuais no Polígono de Val do Dubra

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela Ferreiro, e por membros do goberno dubrés visitou os terreos onde se ubicará o futuro polígono industrial de Bembibre, no concello de Val do Dubra.

Fontes do goberno local expresaron a súa satisfacción polo anuncio feito por Trenor. Un  investimento de 120.000 euros para cofinanciar unha actuación de 150.000 euros. Con este investimento levarase a cabo a mellora a execución dunha planta de tratamento de augas residuais que dará servizo a este parque empresarial. 

“Este tipo de actuacións enmárcanse na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e mellorar a competitividade dos parques empresariais grazas á mellora das súas infraestruturas e ao impulso da creación de novas empresas que permiten xerar emprego” declarou Trenor.Segundo a Xunta con esta liña, da que se poden conceder anticipos de ata o 25%, preténdese favorecer unha actualización permanente dos parques industriais da Comunidade para dar resposta ás necesidade de infraestruturas, comunicacións ou de adecuación ás novas exixencias.

O goberno dubrés ten como unha das súas máximas prioridades a posta en marcha deste parque industrial, que xa conta cunha partida orzamentaria e o apoio da Xunta confimado hoxe e o o da Deputación provincial para a rotonda de acceso ao mesmo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos