8.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

“Pereira segue coa doutrina de Pedro Sánchez”

O portavoz do Partido Popular no concello da Baña e exalcalde, Andrés García Cardeso, confesou sentirse “perplexo e atónito” despois das declaracións do alcalde José Antonio Pereira Gil en Radio Xallas.

“Segue a doutrina de Pedro Sánchez. Enganáronnos coa pandemia  e os impostos, pero eles nunca teñen a culpa de nada” asegurou. Quixo retrotraerse no tempo e lembrar que “Regaláronlle a alcaldía polo morro e agora está no seu pedestal. Para él a palabra diálogo non existe”.

Entrevista a García Cardeso desde o minuto 21

García Cardeso negou que pretendan bloquear o concello:”Nós presentamos propostas. Propuxemos adaptar os orzamentos á realidade pero eles só queren maquillar os orzamentos, que se aproben e despois facer o que lles dea a gana. Está todo paralizado  porque non queren falar”.

Os populares tamén reclaman axudas xa que os comercios “non teñen ningunha axuda directa do concello da Baña”. E pídenlle ao alcalde que “faga máis xestións”.

Considera que o goberno do PSOE “é un desastre” e pón como exemplo “que se perderon 1.356 horas de axuda no fogar ou unha subvención do Pacto polo Clima”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos