O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, lamentou a actitude de “bloqueo” da oposición coa non aprobación dos orzamentos que considera “moi necesarios” para o concello.Advertiu que “están bloqueando os servizos dos veciños” xa que “sen orzamentos non podemos licitar moitos servizos” e incluso podería haber “problemas para facer frente ás nóminas”.
Entrevista a Pereira Gil en Radio Xallas- Minuto 62-
Nunha entrevista en Radio Xallas, Pereira criticou a PP e Compromiso:”Poderían facer unha oposición dura pero constructiva” e botoulles en cara o seu posicionamento:”Non presentaron ningunha enmenda. Fixemos reunións e Compromiso non veu a ningunha e o PP veu sen aportar nada”.
O mandatario socialista lamenta a falta de ”interese” destes grupo pero insistiu na relevancia dos orzamentos:”Necesitamos uns orzamentos que prioricen os servizos sociais”. No documento presentado polo PSOE un 30% do mesmo era para este apartado.“Miran polo seu ombligo en vez de mirar polos veciños. Cando non ves as reunións é que non tes ganas de traballar” engadiu Pereira.
Na entrevista tamén se referiu aos proxectos eólicos, as necesidades do colexio San Vicente, as obras previstas e os servizos que se pretenden impulsar a nivel comarcal como unha canceira.
Tamén respondeu as críticas sobre os contratos:”Estamos traballando coas mesmas empresas que estaban anterioremente”. E reiterou que sen orzamentos non se poden adxudicar distintos servizos.