9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

César Ramos e David Gontán abandonan Compromiso por Galicia

Os concelleiros na corporación da Baña, César Ramos e David Gontán, anunciaron que deixan a militancia en Compromiso por Galicia.“O noso traballo político municipal seguirá de igual forma que até o de agora pero como partido independente” aseguran.

Os concelleiros agradecen o trato recibido “polas direccións de Compromiso nos máis de sete anos que formamos parte de devandita formación política e queremos desexarlles a mellor das sortes e éxitos futuros”.

Deixan Compromiso por Galicia pero confirman o seu “compromiso fiel de traballo a prol do galeguismo, o progresismo e a socialdemocracia no ámbito municipal da Baña”.

Nun comunicado explican que “seguimos adiante como agrupación independente e con máis gañas e forza que nunca!! Neste momento o Concello da Baña, dada a inestabilidade e ineficacia do goberno actual, necesita máis que nunca un equipo de xente moza, serio, formal, preparado e desinteresado como o noso”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos