14.9 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

Deputados do BNG reuníronse con afectados polo parque eólico de Troitomil

Os deputados do BNG, Iria Carreira e Luís Bará ,visitaron a comarca de Barcala para reunirse con veciños das parroquias de San Mamede de Monte, Santa Baia de Lañas, San Pedro de Fiopáns, e doutras parroquias de Negreira e  A Baña.

Os parlamentarios nacionalistas expresaron o seu apoio ás demandas veciñais con respecto ao proxecto do parque eólico de Troitomil  e doutros que se pretenden implantar na contorna.Os veciños solicitaron aos representantes do BNG que seguiran coas iniciativas no Parlamento contra a “vulneración dos dereitos veciñais”.

No encontro tamén se falou sobre a fragmentación de parques eólicos, do impacto dos mesmos no territorio, e na afección dos terreos coa transformación do solo rústico de especial protección de usos agrarios e forestais que pasan a ser solo rústico de infraestructuras o que lles dá un uso preferente nas vertentes dos regatos, canalizacións que unen todos os parques, liñas de evacuación….”.

Luís Bará felicitou aos veciños pola súa mobilización:”Paréceme  exemplar como en pouco tempo fostes capaces de articular un movemento de defensa das parroquias e como o concello tomou unha posición de defensa deses intereses cun acordo unánime da corporación”. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos