7.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Compromiso estuda levar á Fiscalía ó alcalde da Baña:”Está montando un auténtico chiringuito co pago de facturas a xente afín”

O portavoz de Compromiso por Galicia no concello da Baña, César Ramos, foi moi  crítico coa xestión do alcalde socialista José Antonio Pereira e denunciou que o rexedor “está montando un auténtico chiringuito co pago de facturas a xente afín ao PSOE”.

Entrevista a César Ramos- Desde o minuto 23

Indicou que durante 2020 pagáronse 66 facturas por un importe de 27.506 euros a unha empresa informática ou os miles de euros que se gastan nunha asesoría xurídica dunha exconcelleira socialista en Compostela. Todo en servizos sen licitar.“Non podemos ter unha persoa qe estea pagando facturas sen control, en servizos sen licitar.O concello da Baña non pode permitirse isto. Este nivel enchufismo nunca o vimos” declarou Ramos.

Considera que “O señor Pereira debería dimitir e deixar unha persoa con máis capacidade negociación”. Para os galeguistas “non ten a capacidade nin a formalidade necesaria para liderar un concello”.

Cambio no PSOE, Moción de censura … «haberá que buscar unha solución»

E non oculta que “o tema da moción de censura vai a estar aí sempre” xa que “se co PSOE é imposible por que o Sr. Pereira se nega a dimitir haberá que buscar unha solución”.César Ramos pensa que o único que pretende José Antonio Pereira “é estar sentado no despacho”, mentras o concello da Baña perde subvencións e se vive nun ambiente de “crispación entre os traballadores municipais”.

Pregúntase cales foron os logros do goberno do PSOE:”En dous anos o que vimos foi unha furgoneta compartida co concello de Negreira”.Desde Compromiso lembran que o alcalde foi reprobado “porque non cumpre os acordos plenarios”, pola falta de transparencia, e recriminoulle que nin tan sequera responde as preguntas que formula a oposición nin os requerimentos da Valedora do Pobo. “A xestión que está facendo é patética”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos