10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Rafael Vieito:”Consideramos que é moi importante unir forzas e traballar conxuntamente»

O presidente da asociación de empresarios “A Baña Emprende” valorou moi positivamente a campaña de captación de socios que están levando a cabo:”Consideramos que é moi importante unir forzas” afirmou Rafael Vieito, que contou en Radio Xallas o nacemento desta entidade “dunha xuntanza de varios empresarios amigos”.

Entrevista a Rafael Vieito en Radio Xallas- Desde minuto 29

Agora traballan nun directorio de empresas do concello da Baña, e nun coworking rural que xe está en marcha. Recentemente Vieito mantivo unha xuntanza co alcalde José Antonio Pereira, onde se plantexou un plan de axuda aos emprendedores.

Apoio na demanda da mellora da estrada Santa Comba Portomouro

Tamén mantivo un encontro co presidente da patronal xalleira, Alberto Romar Landeira,xa que considera que hai cuestión que afectan ao conxunto dos concellos. Expresa o seu apoio na demanda dos empresarios pola mellora da estrada de Santa Comba-Portomouro:”Esa estrada que están reclamando é fundamental e sae beneficiada Santa Comba, A Baña e todos”.

Pensa que as institucións teñen que preocuparse máis polo rural. “Os concellos non están explotando ao máximo posible todos os recursos”.
Desde A Baña Emprende constatan que “hai necesidades e déficits de cousas” e nesa dirección van a traballar. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos