O 57% das persoas desempregadas na comarca de Compostela son mulleres, un total de 8.806, das 15.442 personas desempregadas(2020). A cifra é superior, por exemplo no concello de Santa Comba, que chega a un 62%. O concello de Negreira ten unha porcentaxe dun 57,1%, A Baña(51,3%) e Val do Dubra(50,8%).
Contracción do número de mulleres afiliadas á S.S.
Así se recolle no estudo sobre a situación sociolaboral da muller que vén de publicar UGT Compostela – Barbanza En 2020 na comarca de Compostela había 49.367 traballadoras afiliadas á Seguridade Social na comarca, fronte a 52.314 homes.
Hai unha contracción no número de mulleres afiliadas que pasou das 50.427 no ano 2019 ás 49.367 no 2020.A participación da muller na comarca é do 48,6% do total(En Galicia é do 48,5%).
O 60,7% das persoas paradas de longa duración son mulleres
Seguindo cos datos, o 60,7% das persoas paradas de longa duración son tamén mulleres.A brecha nas pensións na comarca é do 18,8%.A contía media das pensións das mulleres ascende a 830,33 euros mensuais, fronte ao 1.022,99 euros dos homes.
Outros datos que achega o estudo é o importe medio das pensións. Tordoia (626,31 euros) e Santa Comba (627,74 euros) teñen as cifras máis baixas da bisbarra, por debaixo da media galega (826 euros) e moi lonxe da media que se acada en Santiago(1.007 euros). Os concellos da Baña(672,54), Val do Dubra (641 euros) e Negreira (680,10) tampouco chega aos 700 euros de pensión media.