O portavoz do Partido Popular no concello da Baña xustificou o seu posicionamento con respecto aos orzamentos que pretendía aprobar o goberno socialista:”Presentou uns orzamentos para 2021 copiados do 2017 con gastos para a xuntanza da terceira idade ou do entroido, que non se ían a facer.Nunha xuntanza pedímoslle que os retirara e os actualizara á nova situación. Agora sacaron esas partidas pero volveron a presentar un copia e pega do ano 2017”.
Entrevista a Andrés García Cardeso – Desde o minuto 15
E sinala Andrés García Cardeso:”Xusto uns orzamentos nos que o alcalde votou en contra”.Ante este panorama sentenza:”Ten que facer os orzamentos se non que deixe o asento e farémolos outros.É mellor que fagamos nós os orzamentos e que se retire da alcaldía”.
“Hai un descontrol total, un desbaraxuste”
O PP apoiou a reprobación do alcalde xa que entende que no concello da Baña “hai un descontrol total, un desbaraxuste” se ben lembran que “o que lle dou o apoio para a alcaldía foi Compromiso por Galicia”.
Para Andrés García estamos nunha xestión chea de “rectificacions, improvisacións, e contratos sen publicidade”, cun goberno socialista que “non utilizou as horas que lle deron para o SAF” e que “contratou a un xefe de brigada que non se presentou, a dedo”. Mentras as «obras do IDAE seguen sen empezar».
Gastos desmesurados
Citou además un “gasto desmesurado” de cerca de 15.000 euros nas actividades do Entroido e de 2.600 euros máis ive para “unha aplicación para facer ximnasia desde a casa”.
Para o portavoz dos populares “o alcalde non sabe que está en minoría”.Adiantou que solicitará un pleno extraordinario para propoñer medidas para axudar aos autónomos e as microempresas.