Nun mesmo pleno o alcalde socialista da Baña viu como Compromiso e Partido Popular sumaban os seus votos para reprobar a súa xestión (A proposta foi de CxG). Ademais non encontraba apoios para a súa proposta de orzamentos.José Antonio Pereira detecta “unha ansia de provocar certa inestabilidade” por parte da oposición.
Con respecto a reprobación, respecta a decisión dos outros partidos pero non pasa o tema do “chascarillo”. E defende o seu traballo:”Creo que estamos facendo unha xestión moi digna e un traballo en minoría que non é fácil, pero estamos sacando multitude de proxectos tendo un trato cos veciños primordial.Estamos satisfeitos co noso traballo».
ENTREVISTA EN RADIO XALLAS- DESDE MINUTO 21
Negou a falta de diálogo que lle atribúen:”Facemos reunións, consensuamos temas con eles.A veces non acuden as reunións e logo acúsannos de que non dialogamos.Mantivemos reunións para tratar o POS, o Plan Marco e os orzamentos e Compromiso non asistiu”.
«Necesitamos uns orzamentos novos»
Nesta liña o rexedor da Baña entende que ”Non nós poden acusar de non traballar se despois non veñen as reunións”.Sobre os orzamentos tampouco comprende a postura de PP e CxG:”“Temos uns orzamentos de 2017 que son obsoletos e non se axustan a realidade. Necesitamos uns orzamentos novos. Fixemos reunións, Presentamos un borrador, e non aportaron nada».
Criticou ao Partido Popular:”»A sorpresa é que non presentan nin unha soa emenda aos orzamentos e o PP vota en contra, pero non nos dí o que non lles parece correcto nin unha proposta para tratar de consensuar»