O Partido Socialista defenderá este mércores unha moción, no pleno do concello da Baña, na que se propón solicitar á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a paralización do proxecto do parque eólico de Troitomil “ata que se modifique a actual lexislación referida ao sector éolico en Galicia xa que a enerxía eólica debe ser fomentada sen atentar contra os intereses socioeconómicos e ambientais do noso rural”.
“Clara vulneración da lexislación vixente”
Os socialistas, que forman parte do goberno en solitario, denuncian que a empresa promotora Green Capital Power fracciona en pequenos parques eólicos o que ven sendo un único parque para evitar superar os 50 MW e así evitar a tramitación estatal nunha “clara vulneración da lexislación vixente”.
Engaden que o territorio onde se pretenden ubicar os “viraventos” son “dun gran valor forestal e gandeiro” e está preto dos núcleos habitados coas molestias que poden causar.O parque eólico de Troitomil está en exposición pública.