11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Unidas Podemos pide cribados masivos na contorna das granxas de visóns tras o gromo detectado na Baña

 ADEGA advirte que Galicia exponse “a unha bomba pandémica” de a Xunta non pecha as granxas de visón
 
 
Unidas Podemos demanda que se leven a cabo cribados masivos á poboación circundante das granxas de visóns, logo do gromo detectado no concello da Baña.
 
O deputado galego de Unidas Podemos-Galicia en Común, Antón Gómez Reino, afirma que o caso “non é só preocupante senón tamén evitable” e lembrou que “xa advertimos hai tempo de que a Xunta debía contar cun protocolo nas granxas de visóns para evitar gromos como o de onte”.
 
Pola súa banda o presidente da comisión de Transición Ecolóxica, Juantxo López de Uralde, sinala que “hai motivos ecolóxicos e éticos para pechar as granxas de visóns, pero agora hai tamén razóns graves de saúde pública”.
 

ADEGA

 
Unha idea na que coincide a asociación ecoloxista ADEGA que pide un peche preventivo de todas as granxas de visóns americanos “por alto risco sanitario” para “desactivar con eficiencia a bomba pandémica”.Pide a Xunta que exerza as súas competencias pero tamén o goberno do estado, no contexto do Estado de Alarma pode tomar medidas.
 
 
 
 
 
 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos