6 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

César Ramos:”É evidente que A Baña non está sendo ben xestionada”

O portavoz de Compromiso por Galicia no concello da Baña aclarou que decidiron recurrir á Valedora do Pobo porque “vimos situacións irregulares que o alcalde non explicaba e andaba con rodeos “. Froito desta iniciativa “agora confirma que hai un incumprimento da normativa de contratación” e falta de transparencia.

Entrevista a César Ramos- Minuto 31

César Ramos lamenta que “O señor Pereira anda con rodeos e culpa da súa mala xestión a terceiros. Cada día aparecen erros e xa é o momento de dar a cara e asumir que a mala xestión é culpa do goberno”.

En declaracións a Radio Xallas, Ramos puxo como exemplo empresas que aparecen no perfil do contratante “un anos despois” ou que “están facturando máis de 200.000 euros e teñen un contrato menor”.

«Non están cumprindo a normativa»

Desde o seu punto de vista “é evidente que A Baña non está sendo ben xestionada. Vai peor que anteriormente. Levaban 24 anos falando de transparencia e participación e a propia Valedora do Pobo confirma que non están cumprindo a normativa”.

Desde Compromiso manteñen que “a nosa forma de facer oposición é a mesma” pero na actualidade “estamos levando pleno tras pleno continuamente erros de xestión”. 

Puxo como exemplo “unha furgontea que compromou a un veciño sen licitar e sen publicidade”. Non descartan iniciar accións xudiciais e afirman que “os veciños merecen ter un grupo de gobermo solvente que faga as cousas, acordes á realidade”. Algo que non ven no PSOE local.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos