13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Anova bota en falta investimentos para dinamizar os sectores produtivos e mellorar as zonas rurais en Val do Dubra

O portavoz municipal de Anova- Son Val do Dubra, Antonio Negreira, considera que o orzamento recentemente aprobado “non responde ás necesidades do concello” nin ao actual contexto sanitario, tildando incluso de “imprudencia” que se aprobara nestas datas.”Son uns orzamentos que deben corresponder ao ano pasado”. Votaron en contra.

Entrevista a Antonio Negreira- Desde o minuto 68

Investimentos e organización municipal

Negreira Noya bota en falta “inversións” para dinamizar “os sectores produtivos do concello” ou nos núcleos rurais. Tamén critica que non se traballe no “aspecto organizativo do concello”, lembrando que o goberno anterior “deixamos aprobado un convenio para o personal laboral e unha RPT”.Outro reproche ao actual goberno tripartito radica na “prepotencia” e a falta de diálogo coa oposición.

Polígono industrial

Desde Anova apoian a necesidade de  contar con solo industrial pero “temos dúbidas de que o concello poida executar por si mesmo as obras do Polígono”.

Consideran que “sería imprescindible que a Xunta se involucrase” no proxecto antes de que o goberno decidira “embarcar ao concello nunha aventura económica complicada”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos