10.8 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida nunha colisión frontal en Ordes

Unha persoa perdeu a vida e outra resultou ferida despois de bater frontalmente dous turismos en Ordes, concretamente na N-550 á altura do punto quilométrico 41.

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente ás 21:00 horas, a través dunha persoa particular e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida a unha das persoas accidentadas e, por outra banda, a persoa que resultou ferida foi trasladada a un centro hospitalario.

A persoa falecida tiña 38 anos e era veciño de Ordes. A persoa ferida, tamén de Ordes, ten 20 anos.

AXEGA 112/REDACCIÓN

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos