6.3 C
Santa Comba
sábado, marzo 9, 2024

José Manuel Varela Ferreiro:”Viñemos aquí para traballar e o resultado estase vendo”

O alcalde de Val do Dubra ofreceu a súa primera entrevista nun medio de comunicación audiovisual no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Entrevista ao alcalde a partir do minuto 58 deste audio

Referiuse aos avances no proxecto do Polígono Industrial:”É unha reivindicación da que leva máis de vinte anos falándose. O polígono é un motor industrial que aparte de crear actividade pode fixar poboación. É algo moi necesario e unha prioridade deste goberno”.

José Manuel Varela lembrou que xa hai unha partida económica duns 750.000 euros para a adquisición dos terreos, a redacción do proxecto e para a primeira fase.”Hai partida e estamos dando os pasos. Imos a traballar para ter o Polígono canto antes”.

Licitacións de obras en Val do Dubra

Sobre o atraso nas licitacións, o alcalde explicou que cando chegaron ao goberno atopáronse con moitas facturas sen pagar:”O primeiro que fixemos foi poñer todo ao día e pagar as facturas. Agora temos preto dun millón de euros de obras en licitación”.Con todo iso non quixo entrar en polémica coa oposición:”Viñemos aquí para traballar e o resultado estase vendo”.

Na entrevista falou tamén da importancia de aprobar un orzamento “xa que estamos coas contas prorrogadas de 2015”. Agradeceu o traballo dos membros do goberno tripartido (PP, Tega e independentes). E citou o caso da mellora no Servizo de Axuda no Fogar:”A mellora foi espectacular. Cando chegamos había 15 usuarios e a día de hoxe hai máis de 50”. Louvou a xestión da concelleira de Servizos Sociais, Rosa Parafita.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos