Despois dun primeiro treito de lexislatura sen actividade licitadora, o concello de Val do Dubra iniciou distintos procedementos que repercutirán en varias obras no municipio.O primeiro tenente de alcalde, Óscar del Río, recoñece que houbo problemas:”Había que cadrar as contas. Non había partida orzamentaria para moitas obras e houbo que traballar con modificacións”.
Pero agora, no tripartito dubrés están animados por poder aprobar este mesmo mes de decembro os orzamentos do 2021:”Xa sabes o importante que é poder contar cuns orzamentos desde primeiros de ano” afirma Del Río.
Outro dos asuntos que tamén están en marcha é o tan ansiado Polígono industrial. Queren iniciar coas expropiacións de terreos con carácter inmediato.
Entrevista con Óscar del Río (Minuto 55)
O concelleiro tamén adianta que nas vindeiras semanas van a licitarse “unha dez obras e todos os contratos de servizos”. De momento xa se licitou a ampliación e mellora da piscina de Bembibre(75.961 euros), a pavimentación da rúa Rueiro en Portomouro(165.258 euros), o servizos de xardiñeiria e conserxería no CEIP Bembibre(28.800 euros) e o de xestión do Punto Limpo e de limpeza viaria(43.000 euros).
En evaluación están xa as obras de rehabilitación da zona da vivenda dos mestres en Portomouro(86.641) e os servizos de mantemento do alumeado público(50.000 euros).
O goberno que preside José Manuel Varela Ferreiro promoveu un convenio do Instituto Galego de Vivenda e Solo que permitirá mercar o inmoble da Cámara Agraria e a Fábrica da Tella cun gasto total de 94.664 euros (60.000 euros para a Antiga fábrica e o resto para a cámara agraria). A Xunta concede un préstamo sen xuros e con oito anos de prazo para a súa devolución.
En declaracións a Radio Xallas, Óscar del Río destacou que na Cámara Agraria o concello xa fixo varias reformas nun edificio que xa está sendo utilizado para actividades.
Con respecto a Antiga Fábrica de Tella está composta de dúas parcelas e tamén unhas instalacións que “conservan as turbinas” e se pretende resturar con fins museísticos. Alí está a popular “chimenea” que “é un dos símbolos do noso concello”.