12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

A Valedora do Pobo admite unha queixa de Compromiso e pide información ao goberno local da Baña

CxG denuncia “contratacións a dedo” e procedementos erróneos e incompletos

A Valedora do Pobo dirixiuse ao concello do Baña para solicitar información sobre contratacións e outros puntos que conforman unha queixa presentada por Compromiso por Galicia, e que foi admitida pola oficina de María Dolores Fernández Galiño. Teñen quince días para respostar a esta petición.

O portavoz galeguista, César Ramos,  denuncia “contratacións a dedo, publicacións de licitacións no perfil do contratante ata un ano despois, ocultación de identidades das contratacións e publicacións erróneas e incompletas”, e en xeral falta de transparencia neste tipo de procedementos.

Incumprimento da Lei de Contratos

Recriminan que o alcalde “elude responder as nosas preguntas ou nos dá respostas que non explican o motivo desta falta de transparencia” ademais de “incumprir reiteradamente a Lei de Contratos do Sector Público”.

Como exemplos, fa referencia ao contrato para o servizo “A Baña Madruga”. Neste caso denuncian que se publicou no perfil do contratante “oito meses despois da contratación” e fíxose cunha “empresa que non é realmente a empresa contratada”.

Tamén mencionan o contrata da empresa de comunicación municipal:”O 13 de novembro deste ano, unha vez recibida a notificación da Valedora do Pobo e despois  de que fixéramos alusión a este problema entres plenos, o concello da Baña, rectifica e publica, 9 meses despois da contratación, as dúas ofertas recibidas”.

Contratación «pouco transparente» dun capataz da brigada de incendios

Outra cuestión é o proceso “pouco transparente” da contratación dun capataz para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais:”A persoa contratada non formaba parte da listaxe de participantes no procedemento de selección”.

Segundo Compromiso a persoa contratada está “directamente relacionada cun concelleiro do PSOE”. Critican que “o alcalde tentou ocultar o nome da persoa contratada durante máis de dous meses”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos