18.2 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 18, 2024

José Antonio Pereira:”Estamos facendo unha tarefa titánica desde o goberno para sacar as cousas día a día»

O alcalde da Baña amosouse sorprendido pola proposta do Partido Popular e a abstención de CxG para retirar a súa proposta de orzamentos. Lembrou que no mes de agosto, presentou un borrador aos grupos da oposición e tamén houbo unha xuntanza en outubro.”En ningún momento se manifestaron para cambiar ou modificar partidas”.

Lamentou que os últimos orzamentos aprobados son do 2017 e “non son reais”. Agora afirma que “trataremos de reaxustar este borrador e volver a propoñelo a principio de ano”.

358.000 euros para pagar a débeda cos traballadores

Outro tema que valorou é a aprobación dun suplemento de crédito para poder pagar os 358.000 euros que se adebedan aos traballadores e que “era algo de xustiza”. Sinalou que o poder facer uso do remanente foi a solución. A medida foi apoiada por unanimidade.

Ao igual que a moción do PSOE para a conxelación da taxa do lixo. Os socialistas votaron en contra da moción de Compromiso sobre a neutralidade e transparencia na comunicación municipal.

A pesar de que foi aprobada, Pereira asegurou que “non vai a repercutir en nada, ou moi pouco” xa que “estamos cumprindo todo o que solicitan” e os servizos de comunicación funcionan “correctamente”.

Dificultades para gobernar

José Antonio Pereira dixo que ten asumido de que “iamos ter unha situación complicada” ao non poder materializarse un pacto de goberno.”O noso programa electoral non nolo deixan cumprir” declarou, manifestando que propostas do PSOE son “tumbadas” nos plenos.

Insiste en que tentan “consensuar” melloras e que “estamos facendo unha tarefa titánica desde o goberno para sacar as cousas día a día. Estamos mellorando o concello. Os veciños son conscientes das dificultades que temos para chegar a acordos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos