11 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Compromiso presenta unha moción para garantir a neutralidade e a participación da oposición na comunicación municipal

O portavoz de Compromiso por Galicia na Baña, César Ramos, defenderá no pleno desta noite(20h) unha moción sobre “a neutralidade, a transparencia e participación nas comunicacións municipais”.

Notas de prensa «obxectivas»

Se prospera a proposta, as crónicas do plenos (elaboradas por unha empresa privada contratada polo concello), deberán ser remitidas aos portavoces de PSOE, PP e CxG “antes de ser enviadas aos medios”.

As mesmas deberán elaborarse “de forma totalmente obxectiva, encabezadas por un titular ou título concreto (por exemplo: “Resumo do pleno de 28 de outubro de 2020” ou “Crónica do pleno de 28 de outubrode 2020”) e que obrigatoriamente teña que incluír un resumo de todos os puntos da orde do día, un resumo da participación de cada grupo político e un resumo da quenda de rogos e preguntas.

Transparencia e rigor na xestión do Facebook e da web

Tamén se pide utilirzar o Facebook e a web municipal “con transparencia e rigor, rexeitando facer xuízos de valor, opinións e comentarios partidistas”. O acordo plenario inclúe que “baixo ningún concepto se responderá ningunha publicación en nome do Concello da Baña nin seintervirá en posibles debates das propias publicacións”.

A moción de Compromiso recolle ademais a adhesión do concello ao “Decálogo das Boas Prácticas da Comunicación Local Pública”, elaborado polo“Laboratorio de Comunicación Pública da Universidade Autónoma de Barcelona”.E a inclusión na web municipal de ligazóns aos espazos dos distintos partidos políticos con representación municipal.

Informe dos gastos en publicidade nos medios

Outras cuestións que debería asumir o goberno local de aprobarse a moción sería a publicación ao final do ano dun “informe do gasto desglosado en materia de publicidade, prensa e comunicación que inclúa os motivos e finalidades polos que se decide realizar devanditos gastos”.Tamén converter a revista municipal “nun espazo no que se aprecie a pluralidade desta Corporación”.

Na exposición de motivos, CxG critica que na actual política de comunicación do concello da Baña en casos “elúdese totalmente o traballo
desenvolvido pola oposición”. Consideran “inadmisible” que sexa o propio alcalde, José Antonio Pereira o que decida “unilateralmente” as preguntas que deben ser respostadas nas redes sociais “ sendo el mesmo o encargado de ofrecer as respostas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos