Celsa Oreiro Bermúdez deixou a súa acta de concelleira na corporación dubresa por motivos persoais.Busca un “tempo de distanciamento” e considera que Anova ten un grupo “moi potente” para seguir traballando polo concello “porque desde a oposición tamén se pode, e nós nunca tentamos destruir, sempre fomos constructivos”.
Está satisfeita co traballo feito tanto na oposición coma no goberno:”Fixemos todo o que poidemos.Tiñamos un proxecto para Val do Dubra que se frustrou” manifestou Oreiro, que pensa que o goberno de Antonio Negreira tivo un grande atranco ao “ter catro secretarios diferentes”. Pero puxo en valor os feitos.
Entrevista en Radio Xallas- Minuto 25
“A política é moi gratificante”
Checha Oreiro recoñece que a actividade política, cando se vive con intensidade, “pasa factura”. Pero aconsella vivir a experiencia do servizo público:”Non é tempo perdido. A política é moi gratificante. Eu sempre a entendín como unha labor social”. Sobre o goberno actual, pensa que o goberno dubrés “non está facendo todo o posible”.
Desde o grupo municipal de Anova- Son de Val do Dubra tiveron palabras de eloxio e recoñecemento para esta veciña, adicada a ensinanza que empregou unha parte do seu tempo “ao ben común”.