6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Piden unha desculpa ao concello da Baña por mentiras e erros relacionados cunha enquisa

Compromiso por Galicia no concello da Baña solicitou explicacións ao goberno socialista que preside José Antonio Pereira e “que non volva a mentir á veciñanza”, así como “desculpas públicas” por unha enquisa con distintos erros.

Visitas ás casas sen identificación e con preguntas improcedentes

Os galeguistas refírense a unha enquisa dirixida a veciños de máis de 55 anos, dentro dun proxecto de voluntariado sénior, cofinanciado pola Xunta. Aseguran que o goberno local mentiu ao anunciar que se realizarían enquisas telefónicas a persoas “seleccionadas aleatoriamente”.

Desde CxG denuncian que as enquisas “están sendo entregadas presencialmente” nas casas duns veciños que descoñecen “o organismo que organiza” esta iniciativa e con preguntas que “consideran en moitos casos totalmente improcedentes” e noutros “están mal formuladas”.

Critican que as persoas que participan no programa “non levan ningún tipo de identificación”, nin recibiron ningún tipo de formación ao respecto.

Perigo de contaxio 

O grupo que lidera César Ramos tamén lle recrimina ao goberno que “as vivendas visitadas non responden a ningún criterio ou selección aleatoria” e consideran que é “unha irresponsabilidade que o concello fomente que as persoas maiores visiten outros domicilios ou sexan visitados co conseguinte perigo de contaxio”.

Ademais sinalan que algunhas das persoas voluntarias que realizan visitas “son as mesmas que acompañaron ao señor alcalde en campaña electoral”.A todo isto hai que engadir, segundo CxG, o incumprimento da Lei de Protección de Datos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos