“Que me digan algo novo que trouxeran para os nosos veciños nestes quince meses.
Escoita a entrevista desde o minuto 25
O portavoz do Partido Popular no concello da Baña pensa que o concello “necesita un cambio de dirección brutal”. Reiterou a súa disposición a promover un “xiro” e aínda que recoñeceu contactos con Compromiso por Galicia, de momento non hai ningunha novidade de cara a unha posible moción de censura. Algo que o mesmo César Ramos tampouco descartou na súa última intervención en Radio Xallas. Iso sí confirmou que «seguiremos falando».
Para Andrés García Cardeso o goberno de José Antonio Pereira nin dialoga nin xestiona.“Que me digan algo novo que trouxeran para os nosos veciños nestes quince meses. Nada. Están vivindo de rentas” afirmou.
Nin orzamentos nin mantementos básicos
Lamentou que non haxa nin orzamentos, nin mantementos básicos, nin reparación de baches, nin limpeza de camiños nin tan sequera se desinfectaron os parques infantís neste contexto de pandemia.
Segundo o PP tampouco se respondeu as súas propostas de axudas a autónomos e pemes, nin se xestionou a fibra óptica. Lamentan que ao alcalde “lle costa moito falar” e que non conte coa oposición. “Está todo paralizado. O concello vai á deriva”.