10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

César Ramos:”O señor Pereira non foi capaz de negociar nada»

O portavoz de Compromiso por Galicia no concello da Baña advertiu que a opción dunha posible moción de censura “vai estar sempre aí” e advertiu que “se ninguén do PSOE me pediu explicacións por votar a favor e cederlle a alcaldía, espero que tampouco a pidan por quitarlla”.

Ramos Domínguez volveu a ser moi crítico coa xestión do goberno local que practica “unha política moi escura, mentido as veces, e con pouca transparencia”.

Denunciou que o PSOE propuxo un Plan de Obras “para axudar a xente afín en diferentes parroquias”, exercendo una xestión “parcial para beneficiar aos seus”.

Tamén se referiu a “un dedazo en toda regla” na contratación do xefe da cuadrilla de incendios.”Foi unha cacicada, escolliuse a dedo”. Pero Ramos incidiu:”Levaban 24 anos criticando ao Partido Popular e despois non contestan no plenos e hai dedazos, enchufes, ….”

Entrevista a César Ramos- Desde minuto 33

O concelleiro galeguista lamentou a falta de capacidade de diálogo do executivo:”Co PSOE é imposible chegar a acordos.O señor Pereira non foi capaz de negociar nada. Sempre  dixen que era e un acalde que non daba a cara”.

Segundo Ramos o cambio desexado na Baña está sendo frustrado:”O PSOE non é consciente da oportunidade que está perdendo. O señor Pereira non é consciente de todo o que loitou o PSOE para chegar aquí”.

Outro punto de controversia é o referente a comunicación municipal:”O Facebook e a web están xestionadas por unha empresa que pagamos todos, e non pode estar ao servizo dun partido político por moito que forme parte do goberno”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos