12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

O alcalde da Baña, en corentena, traballará desde a súa casa, seguindo as indicacións médicas

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, permanecerá illado no seu domicilio ata o vindeiro 21 de setembro por ter estado en contacto co traballador do Concello que o luns, día 7, deu positivo na covid-19. 

Malia dar negativo nunha proba PCR desde a Consellería de Sanidade insistiron en que debería de gardar corentena. Polo tanto o mandatario teletraballará desde a súa casa.

Ata o momento, as autoridades sanitarias tan só decretaron o illamento domiciliario do alcalde, que estivo en contacto co traballador municipal que o pasado luns deu positivo en coronavirus. O resto de persoal do concello pode seguir acudindo ao seu posto de traballo.

A concelleira de cultura e o traballador municipal evolucionan favorablemente

Tanto a concelleira de cultura como o traballador municipal atópanse illados nas súas casas e evolucionan favorablemente.

Ante esta situación, o mesmo luns, o Concello ofrecéulles a todos os traballadores e traballadoras municipais a posibilidade de facer probas diagnósticas (PCR ou test serolóxicos), que en todos os casos deron negativo. 

José Antonio Pereira recoméndalle a veciñanza utilizar a asistencia telefónica e telemática para realizar as xestións que necesiten facer coa administración local, para evitar aglomeracións na casa consistorial.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos