4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O PSOE empraza ao tripartito dubrés a comezar a xestionar porque “seguimos cunha paralización preocupante”

Entrevista a Diego L- Díaz desde o min. 66 do audio

O portavoz municipal do PSOE en Val do Dubra, Diego Luis Díaz, entende que o goberno tripartito dubrés tivo “unha marxe máis que suficiente para comezar a xestionar” e xa é hora de que se fagan cousas.

”Os veciños necesitan contar con esas inversións e con esas infraestruturas. A xestión non se pode manter con catro rebacheos puntuais” lamenta Díaz, que lembra que durante quince meses de lexislatura só se adxudicou unha obra.Non sabe ben o que pasa pero “algo está a fallar”. O edil socialista pensa que pode ser “a falta de proxecto” do goberno liderado polo PP.

Sen orzamentos, un «problema gravísimo»

Lembra que desde 2015 Val do Dubra ten os orzamentos prorrogados. Despois da lexislatura de Anova continuamos igual.”Seguimos cunha paralización administrativa preocupante. É un problema gravísimo” afirma. Está convencido que os orzamentos deberían ser a máxima prioridade dun goberno.

Castelo de Portomeiro:»o concello perde o seu patrimonio por non actuar a tempo»

Os socialistas aproveitarán o pleno deste xoves para saber que medidas se desenvolveron do Plan de Reactivación Dubrés, xa que non lle consta ningunha acción.Tamén interpelarán ao executivo pola compra do Castelo de Portomeiro por parte dunha entidade. “Sinto unha pena profunda. O concello  de Val do Dubra perde o seu patrimonio por non actuar a tempo”.

Diego Díaz critica ademais que haxa servizos sen contratar e que , por exemplo, tampouco haxa novidades do proxecto estrela do actual goberno, o Polígono Industrial.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos