11.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 27, 2022

Brais González:”Son máis de nove vítimas seguro”

Caso da nave de Tordoia.Entrevista a partir do minuto 54

O avogado da Central Unitaria das Traballadoras (C.U.T.) está convencido que na causa sobre unha suposta trama de explotación ilegal de inmigrantes “son máis de nove vítimas seguro”.

Brais González sinalou que “aínda queda moito por descibrir, porque temos informacion de que este modus operandi levaba máis meses en activo, sen saber cantas son as vítimas deste señor”.

«Redes de estafa ou trata bastante habituais»

Hai unha persoa que estivo en prisión provisional e outras dúas máis implicadas. Segundo González, estas son “redes de trata ou estafa bastante habituais” que non soen denunciarse porque as presuntas vítimas “non se senten protexidas e hai grandes focos de impunidade porque non denuncian e se manteñen na clandestinidade”.

O responsable da asesoría xurídica deste sindicato, que se presenta como acusación particular, pensa que o detonante de que saíra a luz este asunto “é que hai un caso de maltrato e agresión a punta de pistola” e “un comportamento tan salvaxe e salta a trama”.
 
Para a C.U.T. estamos “ante de delitos de moita envergadura e unha acusación de moitos anos de prisión”. Agora mesmo o que pretenden é coñecer “a nómina das máximas vítimas posibles porque houbo máis contactos e máis pagos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,791SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos