9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Pereira sobre a axuda do IDAE:”O concello tiña razón e non se nos revoca a axuda”

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, anunciou en Radio Xallas que o concello recibirá unha axuda do IDAE para a renovación de luminarias no concello.

Entrevista ao alcalde desde o minuto 28

A posible revocación da axuda provocou bastante polémica.“Estabamos convencidos de que as cousas estaban ben feitas. O concello tiña razón e non se nos revoca a axuda” indicou Pereira que compartiu esta “moi boa noticia”.Cunha axuda duns 394.000 euros renovaránse uns 2.281 puntos de luz con tecnoloxía LED.

«Non hai escurantismo ningún»

Tamén respostou ás críticas lanzadas desde Compromiso por Galicia sobre un suposto escurantismo e uso de mentiras por parte do goberno:”Penso que a oposición se está equivocando. Debería ser constructiva e aportar solucións”.

O rexedor dixo que “non hai escurantismo ningún” e puxo como exemplo que se tenta dialogar coa oposición a que se lle presentaron uns orzamentos para que poidera achegar propostas, ou de distintas comisións convocadas.Puxo como exemplo a aprobación de distintos temas en consenso:”Non seremos tan malos” conclúe.

Facturas herdadas do anterior goberno

Nesta entrevista tamén se referiu ao pago das cantidades adebedadas a traballadores:”A intención é solicitar un préstamo porque os traballadores teñen que cobrar”.

Unha situación herdada do anterior goberno do PP “Por falta de interese ou desidia”. Algo que non lle sorprende a Pereira:”Levamos pagado máis de medio millón de euros en facturas atrasadas”.

Entre as prioridades inmediatas, sen contar coa xestión da pandemia, está adxudicar as obras en fase de licitación. Outra boa nova no concello da Baña é a incorporación dunha nova secretaria que dará “maior axilidade” a maquinaria administrativa municipal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos