11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Antonio Negreira:”Pouco podemos controlar xa que de momento non se fixo nada”

Escoita a entrevista a partir do minuto 32

“Nós imos a intensificar o noso traballo e defender aos veciños pero pouco podemos controlar porque de momento non se fixo nada”. Así se expresaba o portavoz de Anova en Val do Dubra, na sintonía do programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Antonio Negreira denuncia a “parálise” municipal. E ofrece un dato:”Desde que entrou este goberno só se contratou unha obra”.E afirma.”Deixamos obras contratadas de abril de 2019 que aínda están sen rematar”. Engade que , de momento, nin se executou o POS complementario do 2018 nin o POS do 2019.

Farolas particulares e favores

Denuncia que o goberno tripartito caracterízase pola “falta de iniciativa” e porque “olvemos ao modelo de farolas particulares e de favores”.

Desde Anova expresan a súa preocupación porque “nin tan sequera se convocan as mesas de contratación”. Critican a baixa execución do orzamento de 2019 e a falta de aprobarse o do 2020 a pesar da maioría do goberno.“Nesta coalición de tres persoas ou ben non se entenden ou están controlándose uns aos outros” reflexiona Negreira Noya.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos