10.8 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Antón Gómez Reino defende a importancia do sector lácteo en Galicia

O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia en Común e secretario xeral de Podemos en Galicia cualifica de “fundamental” para a economía galega o sector lácteo.

«O futuro presidente da Xunta debe loitar por cada litro de leite dos nosos gandeiros e por cada euro de valor engadido das nosas industrias» declarou Antón Gómez Reino, nunha visita á sede das Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) en Ames.

Alí reuniuse co presidente de CLUN José Ángel Blanco; co seu director xeral, Rafael Prieto e coa vicepresidenta e coordinadora do Grupo de Mulleres SEU, Carmen Rodríguez.

«A partir do 12 de xullo, impulsaremos axudas directas e adicionais do Fondo de Crise ás explotacións que atopan dificultades para garantir a súa continuidade” asegurou o candidato.

Tamén se comprometeu a vixiar o cumprimento  do Plan Nacional de Controis da Contratación no sector lácteo e “condicionando as axudas públicas para conseguir compromisos das cadeas de distribución e das industrias que garantan a recollida do leite de tódalas explotacións con referencias obxectivas en canto á negociación de volumes e prezos»

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos