11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

As excavacións do Castelo de Portomeiro acreditan a relevancia do xacemento dubrés

O “Castelo de Portomeiro”, no concello de Val do Dubra, foi obxecto dunha campaña de excavacións na que participou un equipo da Facultade de Historia de Santiago de Compostela, coordinado por José Carlos Sánchez Pardo e Mario Fernández Pereiro.

Escoita a entrevista con Mario Fernández (Desde o minuto 63)

Aínda que nun principio a “hipótese inicial” situaba o xacemento na fin do imperio romano e no inicio da Idade Media, os datos que se foron coñecendo indican que poderíamos estar arredor do século VIII ou IX.

Así o explicou Mario Fernández Pereiro nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada”. Destacou a ubicación estratéxica do “Castelo de Portomeiro”, nun monte que separa “a chaira” na que se localiza o lugar de Portomeiro-Val do Dubra, e preto de As Novais onde se fala da existencia dun mosteiro alto-medieval, ou da “Pedra do Home” en Portomouro.Segundo o experto o xacemento “consérvase espectacularmente”.

Nestas xornadas arqueolóxicas encontráronse restos de cerámica, de xoiería persoal e tamén elementos de vidro. O vidro como “obxecto de luxo”, na época estudiada, podería indicar que no asentamento había “persoas importantes”.Mario Fernández comenta que despois do traballo de campo, inicíase a labor de oficina:”Temos un mes intenso de traballo”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos