16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Alesandra Rodríguez, nova coordinadora de CxG na comarca de Compostela

Alesandra Rodríguez Senín, de 22 anos, natural de Boqueixón, é a nova coordinadora comarcal de Compromiso por Galicia na comarca de Compostela.Leva varios anos militando nas filas galeguistas. É técnico de laboratorio de análises clínicos e biomédicos.

Atraer xente nova ao proxecto galeguista

“Teño clara a miña militancia en CxG, por iso dou este paso importante de coordinar unha Comarca, tan referencial como a da capital de Galicia, o meu obxectivo é asentar as localidades e atraer xente nova a este proxecto tan necesario para Galicia” declarou Rodríguez.

Pola súa banda, o secretario xeral de Compromiso por Galicia acreditou “na forza e firmeza de Alesandra para esta tarefa é moi significativo que con 22 anos teña claro o camiño e seguro que vai propiciar unha forte presenza nesta Comarca”.

Compromiso iniciará nos vindeiros meses un plan de expansión para estar presente en todos os concellos da bisbarra.CxG concorre ás eleccións autonómicas na “Marea Galeguista”, xunto con En Marea e o Partido Galeguista.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos