O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, criticou o voto en contra de PP e CxG, á súa proposta do Plan POS Adicional 2:“Dá a sensación que non lle importa a economía do concello. O único que lles interesa é asfixiarnos. E non nós están asfixiando a nós. Están asfixiando aos veciños que son os que ao final, cando as cousas se compliquen e necesiten do concello, se non temos capacidade, estarán castigados polos que voten en contra destas decisións”.
Entrevista a Pereira a partir do minuto 28
Débedas arrastradas da etapa do Partido Popular
Considera que era importante contar con fondos para gasto corriente “porque a situación do concello da Baña non é a mellor”, e arrastra “una enorme débeda” de máis 360.000 euros que se lle debe aos traballadores.
Ademais fixo mención á denuncia dunha empresa constructora que reclama máis de 80.000 euros ou a sentenaza do camiño de Monelos que pode supor un gasto cercano aos 100.000 euro. Pensa que non era “o momento de dedicar o plan ao asfalto”.
Abertos ao diálogo
Para Pereira, Compromiso por Galicia pode pecar de descoñecemento e “que non teña datos” pero “O Partido Popular estivo gobernando 24 anos e sabe como deixou o concello con máis de medio millón de euros en débedas”.
Lamenta que cun “futuro económico complicado”, e cun informe de secretaría advertindo da situación, se optara por outra alternativa:”Obrígannos a solicitar un crédito e a pagar uns intereses”.
Ten claro que hai “unha pinza” entre PP e CxG:”Entendo que (a moción) era consensuada entre ambas partes”.Negou que non estean abertos a dialogar e lembrou que incluso en varios ocasións lle ofreceron entrar a CxG no goberno.