10.5 C
Santa Comba
domingo, noviembre 27, 2022

O goberno da Baña propón axudas para conciliación, estudantado, autónomos e emerxencia social con fondos provinciais

O equipo de goberno da Baña presidido polo socialista José Antonio Pereira someterá este mércores a debate a súa proposta do destino dos 147.315 euros do Plan POS + Adicional 2/2020.

A intención do executivo en minoría é destinar todo o montante económico a gasto corrente, tendo en contra un informe de secretaría que advirte da posibilidade que durante este ano non se poida acudir a un suplemento de crédito para financiar este tipo de gastos.

Conciliación, emerxencial social e axudas a autónomos

A proposta do PSOE consiste na reforma das instalacións municipais (60.000 euros, en destinar 35.000 euros para campamentos ou medidas de conciliación ou en promover un plan de apoio aos autónomos, con 20.000 euros.

Ademais fíxanse 15.000 euros para un plan de axuda ao estudantado(compra de material informático) e 17.315 para accións de emerxencia social, entre elas de apoio a a fundación Val de Barcala.O pleno, de carácter ordinario, desenvolverase desde as 10 da mañá deste mércores.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,791SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos