7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

José Antonio Pereira:”A cousa vai mellorando de maneira moi lenta”

Audio coa entrevista a José Antonio Pereira

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, confirmou que máis do 70% dos casos positivos por coronavirus rexistrados no municipio xa están curados. Falou duns 30 casos, dos cales 17 son usuarios do centro médico e outros 13 non, pero están empadroados no concello. Entre as persoas recuperadas figura unha veciña de 101 anos “o que demostra que disto saése”.

Importante quedar na casa

Pereira referiuse a estes “momentos delicados” nos que “a cousa vai mellorando de maneira moi lenta” e insistiu en que excepto “necesidade moi imperiosa temos que ficar nos domicilios”.

Lembrou que desde o concello seguen traballando nas desinfeccións e tamén nun servizo de entrega nas casas de medicamentos e de compras. Tamén se adquiriron mascarillas quirúrxicas para repartir aos veciños e se facilita a impresión de tarefas escolares.

Asfaltados en distintos puntos do concello

Aínda que vivimos unha situación excepcional, o rexedor confirmou que no concello da Baña, hai varias empresas de construcción executando melloras en parroquias coma Suevos, Cabanas, Corneira ou Rial.

“Cada día avanzamos un pouco máis” asegurou Pereira en Radio Xallas, se ben está convencido de que teremos “unha recuperación paulatina” e “as cousas van a ser distintas”, e que afectarán a actividades, pero agora o prioritario é a saúde e “temos que seguir as recomendacións”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos