12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Anova denuncia a parálise dos consellos parroquiais de Val do Dubra

O grupo municipal de Son Val do Dubra-Anova denuncia que desde «a constitución do novo Goberno Municipal, se ten producido unha absoluta parálise dos Consellos Parroquias; que foran creados e impulsados no anterior mandato, xunto con outras fórmulas de participación veciñal derivadas da aprobación do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Val do Dubra, e coa finalidade de fomentar a nivel parroquial a participación e información de veciños, colectivos e entidades».

Desinterese do goberno pola participación

O grupo que lidera Antonio Negreira lembra que non se celebrou ningunha convocatoria nin reunión formal destes consellos parroquiais «nin tan sequera para a obrigada renovación da súa composición, segundo se estipula no regulamento de participación cidadá».

O que para Anova é «unha mostra do evidente desinterese deste Goberno pola participación da veciñanza na xestión e asuntos municipais».
Recentemente Antonio Negreira valoraba a actualidade política no programa «Na Encrucillada» de Radio Xallas.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos