O grupo municipal de Son Val do Dubra-Anova denuncia que desde "a constitución do novo Goberno Municipal, se ten producido unha absoluta parálise dos Consellos Parroquias; que foran creados e impulsados no anterior mandato, xunto con outras fórmulas de participación veciñal derivadas da aprobación do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Val do Dubra, e coa finalidade de fomentar a nivel parroquial a participación e información de veciños, colectivos e entidades".
Desinterese do goberno pola participación
O grupo que lidera Antonio Negreira lembra que non se celebrou ningunha convocatoria nin reunión formal destes consellos parroquiais "nin tan sequera para a obrigada renovación da súa composición, segundo se estipula no regulamento de participación cidadá".
O que para Anova é "unha mostra do evidente desinterese deste Goberno pola participación da veciñanza na xestión e asuntos municipais".Recentemente Antonio Negreira valoraba a actualidade política no programa "Na Encrucillada" de Radio Xallas.