Escoita a entrevista de Diego Díaz a partir do minuto 62.
O portavoz do Partido Socialista en Val do Dubra considera “unha irresponsabilidade” que o goberno local atribúa o atraso nas contratacións, ás condicións meteorolóxicas xa que “hai obras que nin están licitadas”.
Diego Luís Méndez lamenta esta “paralización clamorosa da contratación”. Algo que, por outra parte, é unha dinámica:”Había parálise e séguea habendo”.
Un proxecto de polígono industrial con contido económico
Expresou o seu apoio a que Val do Dubra conte cun Polígono industrial pero pide un procedemento “serio” e non “propostas vacías de contido económico” nin que “se utilice como arma política”.
Díaz Méndez, que se estrea na corporación xunto coa súa compañeira Tania Barcia, pensa que “hai que modernizar o concello coa dixitalización, transparencia e participación cidadá” e ao mesmo tempo “volcándonos moitos cos servizos sociais”, sen esquecerse da necesidade de saneamentos e abastecementos nas parroquias.
Uso partidista do concello por parte do PP
Asimesmo denunciou “o uso partidista das institucións” por parte do Partido Popular, criticando a recente visita do delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, “para lanzar o plan marco de mellora de camiños”, que reduce un 21% dos investimentos en Val do Dubra.”Viñeron facer propaganda” engade.
Tamén fixo mención á moción para a mellora da atención pediátrica que foi aprobada no pleno, aínda que botou en falta o apoio do PP.Lembrou que o que piden é “ter un servizo que cubra as necesidades dos nosos nenos e que non teñan que desprazarse máis de vinte kilómetros para ser atendidos”