O portavoz de Son de Val do Dubra-Anova lamentou a “parálise” que existe no goberno tripartito, con respecto á contratación de obras:”A este ritmo non lle chegan tres lexislaturas para facer o que nós deixamos comprometido e aprobado”.
Entrevista a Antonio Negreira a partir do minuto 29
Segundo Negreira “o goberno das tres patas esta absolutamente bloqueado neste aspecto xa que hai obras contratadas que se están retrasando”. Fala de proxectos que se aproximan aos dous millóns de euros que non avanzan por “intereses particulares e decisións políticas”.
Polígono industrial de Val do Dubra
En referencia ao Polígono opina que “xa lle levamos dando moitas voltas” e afirma que no último pleno o que se aprobou “foi unha unha proposta sen ningún tipo de cifras, unha declaración de intencións que non deixa claro se este goberno está comprometido na compra dos terreos ou non”.
Estrada Carballo-Santiago e concentración de montes
Outro asunto relevante para Antonio Negreira é o da estrada Carballo-Santiago “unha arteria imprescindible que condiciona o desenvolvemento do concello”, e que necesita de melloras.
Tamén lle concede importancia a concentración de montes, para dotar “dun recurso para os gandeiros”. Unha moción de Anova aprobada no último pleno. Estes dous asuntos non dependen da administación local.
Un modelo casposo e de clientelismo
Para o portavoz de Anova a inacción do goberno que preside José Manuel Varela está tendo consecuencias:”Non se poideron solicitar subvencións polo retraso da Conta Xeral”. Cita axudas no eido da cultura e das infraestruturas.
Critica un “modelo casposto e de clientelismo” do executivo local “que se limita á posta de farolas e a compra de favores, pero que está deixando deserto o concello”.
Antonio Negreira considera que oito meses despois “o cambio está sen xustificar” e a actuación do goberno formado por PP, Terra Galega e IxDubra está provocando “queixa social”.