Na entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, César Ramos, asegurou que nunha conversa telefónica o alcalde José Antonio Pereira “díxome que cometera un erro dándolle a alcaldía”.
Entrevista a partir do minuto 29
Queixouse das “informacións partidistas” que se verten na web e nas redes sociais municipais e lamentou da utilización da concentración organizada diante do centro médico da Baña: “É triste que se utilice a sanidade pública para un acto totalmente partidista”.
Tamén se referiu aos dous soldos do goberno:”Non pasaron nin un día sen cobrar. Xa vale de dar pena” afirmou Ramos, engadindo que “O PSOE quería cobrar máis co PP no 2015”. Pediu “un pouco máis de respecto” para o grupo que “lle aprobou os salarios e fixo que cobraran con carácter retroactivo”.
Segundo o concelleiro galeguista “O concello da Baña está máis dividido que nunca, hai máis forofismo e menos transparencia”. Atribúe a situación a “falta de capacidade” e ao “carácter autoritario” do alcalde.