13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

César Ramos en Radio Xallas:”O apoio que lle demos ao PSOE tamén llo podemos quitar sen ningún tipo de problema”

//Haberá ampliación//- Escoita a entrevista desde o minuto 29

Comeza quente a semana no concello da Baña. O portavoz de Compromiso enviou unha mensaxe directa ao alcalde José Antonio Pereira:”O apoio que lle demos ao PSOE tamén llo podemos quitar sen ningún tipo de problema”.

En declaracións feitas no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, o concelleiro galeguista, César Ramos non descartou un entendemento co Partido Popular:”Se vemos que podemos facer un pacto coherente e serio co Partido Popular, e que dea máis garantías que este grupo de goberno, valoraremos esta opción”.

Ramos precisou que aínda “é moi cedo” para falar dunha posible moción de censura e deixou claro que “En Compromiso a decisión tena sempre a militancia”.

Segundo a súa perspectiva o balance de goberno “é pésimo” porque “non esperábamos que se fixeran as cousas tan mal en tan pouco tempo”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos