O pleno da Baña acordou, por unanimidade, a aprobación do plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar SRAU-2, para desbloquear a tramitación do polígono industrial da Eiroa. Agora o acordo e o expediente serán remitidos á Xunta de Galicia.
Na sesión celebrada este mércores, tamén se aprobou unha moción de Compromiso por Galicia, para que os grupos políticos estean presentes nas mesas de contratación.
Finalmente, cos votos de CxG e PP (O PSOE votou en contra), acordouse que haxa dos membros dos grupos políticos, de forma rotatoria, presentes nas mesas xunto con catro funcionarios.
Concentración diante do Centro de saúde
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, anunciou que o vindeiro 16 de xaneiro, ás 12 do mediodía, diante do Centro de Saúde, haberá unha concentración para reclamar que o Sergas cubras as baixas por enfermidade ou as vacacións da pediatra asignada á Baña.“Dado que o Sergas non respondeu á carta que lle remitimos a principios de decembro e polo que convocamos esta concentración” manifestou Pereira.
O voceiro de CxG, César Ramos presentou unhas vinte preguntas. Partillamos o vídeo completo do pleno.