14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Compromiso denuncia as crónicas “partidistas e parciais” que difunde o goberno da Baña

Malestar en Compromiso por Galicia polas “crónicas completamente partidistas e parciais” dos plenos difundidas desde o goberno local a través da páxina web do concello.O portavoz galeguista, César Ramos, non ocultou no seu desacordo coas informacións difundidas desde o concello sobre o último pleno.

Fixo referencia, por exemplo, as vinte preguntas formuladas polo seu grupo que non se mencionan na crónica oficial:”Non lles debe parecer importante que o goberno suba a internet fotografías de menores sen ningún tipo autorización, que poña a disposición da veciñanza unha parcela dun particular como aparcadoiro sen permiso de ningún tipo”.

«Carácter dictatorial»

Tamén critica que non se dera conta do punto no que se tratou sobre a revista municipal “onde se confirma a falta de capacidade do señor alcalde, a falta de respecto cara a oposición e o seu carácter dictatorial”.

Outro asunto que volveron a plantexar desde CxG é sobre a compra de produtos de alimentación en negocios de fora do concello, o que era unha queixa do PSOE na anterior lexislatura “e agora pasan facturas dos mesmos establecementos que criticaban”.“Que lástima que despois de 24 anos o cambio sexa así” conclúe Ramos.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos