12.6 C
Santa Comba
domingo, abril 2, 2023

Diego Díaz:»Criticamos a falta dunha liña estratéxica. Este goberno non ten un plan»

Audio coa entrevista en Radio Xallas a Diego Díaz desde o minuto 14

O portavoz municipal do PSOE en Val do Dubra bota en falta que o goberno tripartito non apunte unha dirección clara:»Criticamos a falta dunha liña estratéxica. Este goberno non ten un plan que teña uns obxectivos. De momento non o coñecemos». 

Considera ademais desexable que se expuseran «as bases do acordo de goberno» entre PP, Terra Galega e Independentes. Indicou que os tres grupos «xuntáronse por necesidade» e lembrou as «diferencias públicas que tiveron no pasado».

Cuestións de despacho

Diego Díaz Méndez pensa que nestes primeiros meses hai feitos que «non podemos destacar como positivos» xa que a acción do goberno de José Manuel Varela está centrada «en atender cuestións ordinarias de despacho».

Considera interesante o Polígono industrial pero explica que «a comisión que se creou ainda non se convocou nunca». Para o edil socialista o do parque empresarial é «un investimento arriscado porque non sabemos realmente a demanda que imos ter pero temos que facelo».

Oposición seria, responsable e propositiva

Díaz asegura que o seu grupo realizará «unha oposición seria, responsable e propositiva». Insiste na necesidade de aprobar un orzamento «é esencial e totalmente necesario».

Tamén son asuntos fundamentais o Centro de Día, os servizos sociais e «sacar adiante o Plan Xeral». Lembra que demandou no pleno fomentar a participación veciñal da xente «con garantías» e lamenta que posteriormente o goberno «intentara colgarse un mérito con xuntas parroquias» que non foron moi concorridas.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,841SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos