18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Xornadas sobre o Alzhéimer en Val do Dubra

Entrevista con Isabel Gey, a partir del minuto 57  del audio

A Casa da Cultura de Bembibre, no concello de Val do Dubra acollerá desde o vindeiro 27 de novembro unhas xornadas sobre “o Alzhéimer e outras demencias”, organizadas pola asociación galega de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzhéimer “Agadea”, con colaboración municipal, e da escola galega de saúde para cidadáns.

As persoas interesadas poden inscribirse ou obter información no departamento de Servizos Sociais de Val do Dubra(981 889 000) ou na entidade Agadea(981 595 738).

Cinco charlas sobre Alzhéimer

O ciclo de charlas abrirase, o 27 de novembro co neurólogo Juan Manuel Pias que falará sobre “a enfermidade de Alzhéimer e outras demencias” a partir das cinco da tarde.

Logo haberá tres charlas da psicóloga Alba Felpete Díaz sobre “terapias non farmacolóxicas”(28 de novembro-18h), “Como comunicarse coa persoa con demencia”(29 de novembro- 18h), e “Coidando ao coidador”(12 de decembro-18h). 

Por último, o venres 13 de decembro a avogada Mercedes Blanco de la Torre intervirá sobre “Aspectos xurídicos e legais en persoas con demencia”. 

A soedade

A presidenta de Agadea, Isabel Gey, destacou a importancia deste tipo de iniciativas nas localidades rurais.”A parte social e comunicativa sempre é moi importante en enfermidades como esta”.

Nunha entrevista en Radio Xallas, Gey destacou o completo programa deseñado en Val do Dubra e convidou á participación. Tamén falou sobre a soedade.”A soedade é unha das causas que desembocan nunha demencia. Hai persoas que viven ailladas en non teñen contacto persoal”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos