14.2 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Antonio Negreira:”Val do Dubra desapareceu do BOP”

Asegura que hai desconfianzas no goberno local.”“Contrólanse uns aos outros” manifesta. Escoita a entrevista a partir do minuto 51

O portavoz de Son de Val do Dubra- Anova fai un balance “tremendamente negativo” dos primeiros meses desta lexislatura do goberno que preside José Manuel Varela Ferreiro, que se caracteriza “pola desconfianza” entre os membros do goberno tripartito.

“Non hai ningunha actividade.O concello de Val do Dubra desapareceu do BOP e os proxectos iniciados están sen executarse” lamentou Antonio Negreira que confirma a súa teoría de que o obxectivo real era un “derrúbe” do   seu proxecto político de transformación con “ataques ao proxecto e a miña persoa sen crear unha alternativa”.

Mal ambiente no tripartito dubrés

Para Negreira “As dificultades e as trabas entre eles están sendo motivo de comentarios”, xa que a imaxe que trasladan desde o executivo é de “peleas entre os grupos de poder” que representan  cada un dos tres partidos.

“Contrólanse uns aos outros” afirma o exalcalde, que pensa que nesta lexislatura “pode pasar de todo”. De momento, insiste en criticar a paralización existente:”E economía do concello é boa. O problema está en que non hai un proxecto e Val do Dubra está volvendo para atrás”.

Antonio Negreira puxo como exemplo da situación política, que xa no último pleno o concelleiro dos independentes xa non coincidiu no voto con PP e Terra Galega.

Critica que despois de crearse unha comisión do Polígono Industrial fai cinco meses, non se convocara nin unha soa xuntanza nin que houbera avances con respecto ao Plan Xeral nin se contraten as obras do POS 2019.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos