7.4 C
Santa Comba
jueves, diciembre 1, 2022

O xalleiro Manuel Quintáns Suárez presenta un libro sobre Vidal Bolaño

Xosé Manuel Lema
 
O profesor Manuel Quintáns Suárez segue enchendo a súa biografía de traducións, edicións e ensaios. Neste último apartado leva 18 libro. O último titulado “Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega”, e que será presentado este mércores na sala municipal de exposicións do concello de Brión a partir das 8 do serán.
 
Estará acompañado  polo alcalde do Concello de Brión, José Luís García; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; e o secretario do Centro Ramón Piñeiro, Armando Requeixo.
 
O investigador nado na localidade xalleira de Vilarnovo de Freixeiro, profundiza na obra do lembrado dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
 

Vidal Bolaño, luz dunha xeración de creadores

 
O libro está editado pola Xunta.“Trátase dunha reflexión sobre a vida e a obra do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño, como achega ao logro dunha poética teatral xenuinamente galega capaz de dar resposta a un Teatro Novo, galego e universal. Contemplado non como unha illa senón como o que realmente pretendeu ser e foi: o alento e a luz dunha xeración de creadores e animadores dunha nova dramaturxia galega” explícase desde a propia web autonómica.
 
Manuel Quintáns Suárez coordinou o libro que non falta nas recepcións e nos agasallos institucionais do concello de Santa Comba, o da historia do concello. Foi recoñecido co premio polo concello xalleiro no ano 2013.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos