6317 fans     1586 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Santa Minia recibiu a milleiros de devotos

Santa Minia recibiu a milleiros de devotos

Terras de Compostela | Publicada: 27/09/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 48 segundos.

A romaría de Santa Minia de Brión  volveu a acoller este xoves a milleiros de devotos  procedentes de toda Galicia (especialmente das comarcas de Santiago, Barbanza, Xallas e Ordes) ateigaron a contorna da capela de Santa Minia, desde primeiras horas do día.

 O coordinador da festa, Alberto Álvarez, explica que “durante a  tirada de fogos de artificio a carballeira estivo totalmente chea, así como as pulperías e os xogos para os máis cativos. E hoxe a afluencia é semellante a de anos anteriores, polo que agardamos que ao longo destes catro días pasarán unhas 35.000 persoas por Santa Minia”.

Pola súa banda, o alcalde brionés, José Luís García, agradece “o extraordinario traballo que están a realizar os traballadores municipais, así como os membros de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e persoal médico para que as festas se desenvolvan dentro da normalidade e sen ningunha incidencia”. 

As visitas ao santuario comezaron ás nove da mañá. Nos momentos de máis afluencia, a iso das 13:00 horas, o tempo de espera era duns 20 minutos, se ben o tempo medio era próximo aos 10 minutos e mesmo houbo momentos nos que apenas había espera. Milleiros de devotos cumpriron coa tradición de bicar o sepulcro onde repousa a santa e pasar sobre el as típicas estampiñas de Santa Minia para que lles dean sorte durante todo o ano. 

Coma xa é habitual, por razóns de seguridade as velas de ofrenda que traían os romeiros non se depositaron na capela, senón na casa reitoral, onde teñen lugar as misas. Unhas figuriñas de cera con formas de mans, brazos, cabezas, pernas... de acordo con aquela parte do corpo na que pidan a actuación de Santa Minia e que os devotos presentaran minutos antes diante da Santa tras mercalos nos postos que rodean a capela de Santa Minia. 

Festa  

Por outra banda, a carballeira e a avenida de Santa Minia centralizaron un ano máis a parte máis festiva da celebración, se ben este ano as atraccións infantís concentráronse detrás da biblioteca municipal. A avenida de Santa Minia contou con máis de 150 postos de venda de rosquillas, roupa, chourizos, queixos, xamón ibérico, larpeiradas, licores, filloas, ferramentas, pulseiras, velas, imaxes relixiosas, música, zapatos, xeados... 

Outros que estiveron sempre cheos foron as cinco polbeiras emprazadas na zona, que non deixaron de vender racións de polbo e churrasco a 11 euros, entre outros produtos como carne ao caldeiro, pementos de Padrón, chourizo picante e mesmo algún con carta. A música da mañá correu a cargo da Charanga Os Jalácticos e do grupo de gaitas da Os Viqueiras de Ordes. A orquestra “Ibiza” encargouse da sesión vermú e protagonizará a verbena da noite canda “Marbella”. 

As festas continuarán ata o vindeiro domingo.

Fonte- Concello de Brión/Redacción AG

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Santa Comba saluda a la Navidad con luces y chocolate con churros

Santa Comba saluda a la Navidad con luces y chocolate con churros

El ayuntamiento de Santa Comba organizó un acto de encendido de las luces navideñas.Un grupo de personas con el traje …

Ler máis
Vecinos de Grixoa de Esternande reivindican que se incluya la mejora de la carretera en el Plan de Obras

Vecinos de Grixoa de Esternande reivindican que se incluya la mejora de la carretera en el Plan de Obras

//Xosé Manuel Lema// La asociación de vecinos de Grixoa de Esternande- Minas de Varilongo insiste en la necesidad d…

Ler máis
David Barbeira plantea un plan de obras  “bo para os intereses de Santa Comba"

David Barbeira plantea un plan de obras “bo para os intereses de Santa Comba"

El alcalde de Santa Comba, David Barbeira(CxG) convocó un pleno extraordinario para el próximo martes, a las 10 de la …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Nadal Santa Comba 2019
Autos Xallas
GADIS NAVIDAD 2019
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

A dictadura da apariencia

Álvaro Rodríguez

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá,  Elisabeth  Noelle- Neumann,   expuxo a súa teoría da espiral.  Analizou o funcionamen…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Victimismo de los favorecidos y progreso de los desfavorecidos

José Gilgado

La semana pasada estuve en una cena con Meritxell Budó, portavoz del gobierno autonómico catalán. Una ocasión para conocer sin intermediarios, los…

José Gilgado
Ler máis

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”

Álvaro Rodríguez

Nas eleccións xerais do ano  2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo  o 83,81% dos votos emitidos,   (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 1…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información